Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza maña un obradoiro de radio para escolares

Oleiros, 30 de outubro de 2013-. O Concello de Oleiros, en colaboración co Fondo galego de Soliradiedade organiza mañá día 31  o segundo obradoiro de radio para a formación en valores entre os mais novos. Estas sesións son impartidas pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. As clases celébranse entre as 17 e as 20 horas, no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, e nelas participarán un grupo de quince rapazas e rapaces de entre dez e doce anos.


A iniciativa busca sensibilizar á cidadanía sobre os Dereitos Humanos e os Obxectivos do Milenio, fomentando á vez as habilidades de participación, a través da comunicación para o desenvolvemento. Nas capacitacións adquiriranse as destrezas básicas para elaborar unha peza radiofónica na que se reflexionará mediante a música arredor de temas como a igualdade, a convivencia pacífica, as causas da pobreza ou o coidado do medio ambiente. O apartado musical pode complementarse con entrevistas, enquisas na rúa, etc.


As principais destinatarias e destinatarios son estudantes de 5º e 6º curso de Primaria ou ben de 1º e 2º da ESO. Estes obradoiros teñen unha duración de seis horas estruturadas en dúas xornadas. Na primeira impartirase unha introdución ao medio radiofónico para coñecer as súas características, a linguaxe ou os xéneros xornalísticos, amais de explicar os ODM e os DDHH. Na segunda sesión poranse en común as cancións recompiladas, para logo realizar guión e a gravación. Nos casos en que sexa posible, a práctica realizarase na emisora municipal. O espazo resultante emitirase en Agareso Radio e pendurarase no web www.fondogalego.org como podcast, e cederase asemade ás canles locais.
 

back link