Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza este sábado a II Festa da Xuventude en Santa Cristina

Oleiros, 29 de agosto de 2013-. A Concellería de Xuventude do Concello de Oleiros organiza o vindeiro sábado 31 de agosto na explanada de A Fábrica unha tarde festiva para a mocidade de Oleiros  e para toda a xente que queira disfrutar dun espazo solidario e de boa música en directo, na contorna espectacular da praia de Sta. Cristina.
 
Trátase dun evento de dinamización cultural, de movemento solidario e coa participación de xente nova.
 
Pola tarde desde as 16h varias ONG darán información sobre como canalizar a vontade de axudar, que teñen moitos dos veciños e veciñas de Oleiros, aos colectivos máis sensibles desta actual situación social.

Tamén se recollerán as aportacións en forma de alimentos ou produtos de aseo persoal que fagan os asistentes para donalos ao Banco de Alimentos xestionado polos Servizos Sociais do Concello de Oleiros.
 
E a partir das 19.30h encherase de música en directo Sta. Cristina cun par de grupos locais con moita proxección, la SHC, un  grupo de mozos que utiliza un rap fresco e directo para expresarse, e The Railroad Band, unha banda de blues que crea unha atmósfera absolutamente única desde os cantís da zona norte de Oleiros.
 
Despois será o momento de grupos con máis experiencia no panorama musical, empezando con La Senda de Afra, pop-rock con moita personalidade que nunca deixa indiferente, Tregua, un dos grupos do momento a nivel galego que fai parada na súa xira a nivel nacional para ofrecernos o seu espectáculo de rock "Tour de luces y sombras" , e The Trunks, unha banda de Sada que pronto estará amosando a potencia da súa música nos grandes festivais nacionais.
 
Toda esta oferta con acceso libre e de balde para todo aquel que queira pasalo ben dunha forma sana en compañía de amigos.

back link