O prazo de preinscrición abre o luns 25 de novembro a través da web municipal. Se houbese máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo público na Fábrica.
Hemeroteca
Asset Publisher
Os nenos e nenas de entre 3 e 11 anos teñen a posibilidade de participar os días 23, 24, 26 e 27 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas no Albergue municipal da Finca Tenreiro, en Nós. O obxectivo deste campamento é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais e tamén fomentar os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.