Oleiros, 6 de abril de 2022-. Para contribuír á conciliación familiar nas datas vacacionais de Semana santa, os días 11, 12 e 13 de abril o Concello organiza un campamento para nenos e nenas de educación primaria. O CEIP Parga Pondal de Santa Cruz albergará esta actividade que contará cun horario de 9:00 a 14:00 horas.
Todos aqueles pais e nais interesados poden solicitar máis información e inscribirse en ensino@oleiros.org ou presencialmente na Fábrica.