Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza campamentos en semana santa para 200 escolares

Oleiros, 24 de febreiro de 2016-. Os días 21, 22 e 23 de marzo terán lugar un total de oito campamentos para nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2003. O CEIP Parga Pondal, o CEIP de Nós, o CEIP Valle Inclán e o CEIP Luís Seoane albergarán esta actividade que contará cun horario de 9:00 a 14:00 horas.

Durante os tres días que dura o campamento, os nenos e nenas participantes aprenderán xogando a través de actividades artísticas e educativas. Os monitores traballarán na autonomía persoal e na adquisición de hábitos saudables dos pequenos e pequenas. Haberá obradoiros de xoguetes, arte natural, horta ecolóxica, itinerarios, xogos tradicionais e grandes xogos de animación.

O prazo para apuntarse nos campamentos remata o vindeiro 28 de febreiro. A preinscrición pódese enviar ao correo electrónico c.xuventude@oleiros.org ou entregala persoalmente no centro cultural A Fábrica. Se houbera máis solicitudes que prazas ofertadas -200- tería lugar un sorteo o día 29 na Fábrica ás 11:30 horas.

DESCARGA A FOLLA DE INSCRICIÓN

back link