Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza actividades de promoción á lectura na Biblioteca Central Rialeda

Oleiros, 23 de febreiro de 2011-. O próximo venres, 25 de febreiro, ás 10 horas, o alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz realizará unha visita á Biblioteca Central Rialeda. Será unha visita guiada ás instalacións para que os escolares as utilicen fóra do seu horario escolar. Os obxectivos son fundamentalmente coñecer a biblioteca, presentar a páxina web municipal e o blog das bibliotecas, aprender a realizar buscas no catálogo e fomentar a lectura.

Nestas visitas as actividades que se levarán a cabo serán unha breve presentación, a explicación do funcionamento da biblioteca, e ensinar a páxina web municipal e o blog das bibliotecas, como buscar libros a través do catálogo de fondos bibliográficos en Internet e para finalizar realizarase un contacontos titulado “Feirantes” a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira, da Compañía Artestudio Teatro, realizado a partir da adaptación dun relato da obra Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro.

Tamén, o venres, 25 de febreiro, ás 18.30 horas, e dentro da programación de actividades de Ler para saber, terá lugar na Biblioteca Central Rialeda a charla para nenos e adolescentes  titulada Elixe o peixe correcto: opcións de consumo responsable de peixe para aliviar a sobrepesca,  a cargo do doutor Francisco Franco del Amo,  biólogo e director técnico do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses.

Como é habitual nestas actividades, primeiramente dous nenos presentarán un tema,  neste caso Iago Ruibal Lago e Lucía Sigüeiro Couselo, alumnos do Colexio Público Valle Inclán de Perillo, falarán sobre Internet e despois xa se realiza a charla sobre o consumo responsable de peixe por Francisco Franco del Amo.

back link