Ademais, paralelamente realizaranse obradoiros participativos tanto co alumnado de primaria como de secundaria, arredor das violencias LGTBIfóbicas, e a diversidade sexual e de xénero, co obxectivo de reflexionar arredor de ditas violencias e darlle visibilidade ás vivencias e realidades das persoas LGTBIQA+.
Os Puntos Arcoiris son puntos de información, sensibilización e atención para a inclusión da diversidade sexual e de xénero, e para a prevención, detección e actuación fronte as violencias LGTBIfóbicas, conformados por un equipo de profesionais en materia de xénero, diversidade e violencias. Nestes Puntos Arcoiris, tanto o alumnado como o profesorado poderá recibir información sobre os diferentes tipos de violencias; os recursos e servizos especializados na materia, e sobre temas de interese e preocupación en materia de diversidade e violencias.