Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello oferta unha excursión para percorrer a etapa do Camiño de Santiago que vai de Triaca

Oleiros, 26 de agosto de 2016-. O vindeiro 1 de setembro abre o prazo de inscrición para participar na excursión que percorrerá, o sábado 24 de setembro, a etapa do Camiño de Santiago que transcorre desde Triacastela ata Sarria. A distancia a camiñar é de 22 quilómetros, podendo visitar numerosas xoias arquitectónicas e naturais durante a excursión.

A oferta de actividades culturais vinculadas ao coñecemento, ao gozo e ao aproveitamento da natureza como patrimonio cultural é moi ampla no Concello de Oleiros. No caso desta actividade procúrase descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural deste tramo do camiño, e promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto. Así mesmo preténdese favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural e xerar conciencia de coidado e mellora do patrimonio natural e cultural.

A excursión ten un prezo de 16 euros para persoas empadroadas e de 20 para non empadroadas. Está dirixida a público adulto, aínda que poden participar mozos e mozas maiores de 14 anos acompañados dun adulto. O número de prazas é limitado, tendo preferencia as persoas empadroadas no concello. Para obter máis información e apuntarse pode chamarse ao 981 610 000 ou dirixirse ao enderezo electrónico cultura@oleiros.org.
 

back link