Oleiros, 20 de abril de 2022-. O Concello de Oleiros non recibiu ningunha comunicación da Xunta de Galicia en relación á suposta proposta de construción dunha pasarela entre Oza e Santa Cristina. Ata o momento, ningún representante municipal foi convocado a ningunha reunión nin se recibiu ningunha documentación ao respecto. A única información da que dispón o Goberno municipal é a que foi aparecendo nos distintos medios de comunicación.
Hemeroteca
Asset Publisher
“Pola maneira de actuar do Goberno da Xunta, está moi claro que este é un tema electoralista. Hoxe veñen dicindo “…e se non se fai é culpa dos Concellos”, cando en ningún momento se está a contar co Concello de Oleiros, nin tan se quera para informar do que se pretende facer”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.