Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello mellorará as instalacións do campo de fútbol de Iñás

Oleiros, 22 de outubro de 2015-. Ademais da instalación de céspede artificial, que se realizará grazas ao superavit de 2014, o Concello tamén construirá uns vestiarios novos, pechará o recinto, mellorará os accesos e colocará unha iluminación axeitada. Esta actuación, non contemplada nos orzamentos, poderá realizarse grazas a unha axuda económica procedente da Deputación coa que se pretende compensar a Oleiros polo maltrato de anteriores lexislaturas.

O de Iñás é o único campo de fútbol municipal que carece dun peche exterior. Ademais, ao tratarse dun dos tres recintos nos que se vai colocar céspede artificial, preténdese equipalo o mellor posible para que todos os equipos do Concello, especialmente aqueles que empregan terreos de xogo privados, poidan usalo con maior comodidade. O alcalde, Ángel García Seoane, destacou que grazas a que “a Deputación nos empeza a recoñecer o maltrato dos anos anteriores” o campo de Iñás poderá mellorarse “para beneficio de todos os equipos de fútbol do Concello”.
 

back link