Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello mellora as casas do pobo de Mera e Nós

Oleiros, 9 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Concellaría de Servizos Municipais, está realizando melloras nas casas do pobo de Mera E Nós. Os traballos, que están encamiñados a mellorar o estado de sendas instalacións, ten un prazo de execución de tres semanas no caso do edificio de Nós e de aproximadamente 15 días no de Mera.

A obra de Mera consiste na substitución do actual chan e a instalación dunha tarima flotante de altas prestacións. Ademais mellorarase o sistema de calefacción adaptando os radiadores eléctricos para mellorar a súa eficiencia. Mentres que os traballos en Nós consisten na creación dunha sala multiusos para albergar todo tipo de actividades e a reforma dos servizos e os almacéns de material.

Os traballos, que suporán un investimento superior aos 15.000 euros, realizásense integramente co persoal de Servizos Municipais, o que permitirá reducir os prazos d e execución e abaratar o custo da obra.
 

back link