Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello leva retirados 61 niños de velutinas neste 2017

Oleiros, 24 de abril de 2017-. O Concello de Oleiros segue a traballar intensamente para combater a invasión da avespa asiática. O Servizo Municipal de Emerxencias leva retirados no que vai de ano 61 niños primarios de avespas velutinas en 54 lugares distintos do termo municipal.

Ademais, o Concello de Oleiros tamén colocou 30 trampas para atrapar ás raíñas en lugares estratéxicos como centros educativos, parques públicos, zonas de tránsito e outros lugares propicios para a presenza das avespas. O resultado da colocación destas trampas foi a captura de 337 raíñas.
 

back link