Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello leva 6 meses agardando a autorización de Patrimonio para renovar a tubería xeral da Costa da Tapia

O Concello de Oleiros está agardando por un informe de Patrimonio para acometer unha importante obra de abastecemento de auga na tubería principal que surte a todo o municipio e atravesa a Costa da Tapia, no termo municipal de Cambre. 

A lentísima tramitación do informe de Patrimonio, solicitado o pasado mes de marzo, contrasta con outros que si se produciron con celeridade: os do propio concello de Cambre, o de Augas de Galicia e o da Axencia de Infraestruturas da Xunta. 

Cabería agardar maior dilixencia neste organismo público autonómico, xa que sen el non pode sequera contratarse a obra.
 

back link