Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello lamenta o falecemento do artista oleirense Pedro Brandariz

 Oleiros, 22 de febreiro de 2022-. O Concello de Oleiros manifesta a súa tristura polo falecemento do humorista Pedro Brandariz e traslada as súas condolencias á súa familia e amigos. Este veciño de San Pedro de Nós atesouraba unha importante traxectoria nos escenarios e na televisión.

 
Brandariz  era cómico, actor, clown, monologuista, contacontos e cabareteiro. Acababa de ser nominado aos premios Mestre Mateo polo súa interpretación na película Jacinto.
back link