Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello invita a todo o alumnado de primaria á pista de xeo de Perillo

Esta semana o Concello leva a patinar na pista de xeo de forma totalmente gratuíta ao alumnado de primaria dos centros de ensino público. En concreto participarán os colexios Luis Seoane, Rabadeira e Juana de Vega. Os colexios Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e Valle Inclán de Perillo desestimaron a proposta do Concello.
 

Para garantir que ningún neno ou nena quede sen poder disfrutar da pista, no caso dos colexios de Perillo e Santa Cruz, así como no das clases nos que o alumnado non acuda á pista, o Concello entregará unha invitación para que poidan acudir á instalación libremente coas súas familias en calquera momento. Instalada na polideportiva da II República, en Perillo, estará operativa ata o 11 de xaneiro.

Os horarios da pista en período lectivo serán de luns a xoves de 16:45 a 21:30h, venres de 16:00 a 23:30h e fins de semana e festivos de 11:00 a 23:00h. Durante o período de vacacións de nadal a pista abrirá de luns a domingo de forma ininterrompida de 11:00 a 23:00horas.

Durante os días 24 e 31 de decembro a atracción permanecerá aberta de 11:00 a 18:15 horas e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro o seu horario de apertura será de 18:30 22:45h e o Día de Reis (6 xaneiro) abrirá de 11:00 a 14:00 horas e de 16:45 a 23:00 horas.

O acceso á pista de xeo durante media hora ten un custe de 6 euros e inclúe o aluguer de patíns. É obrigatorio levar luvas. 
 

back link