Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello inviste 75.000 euros no mantemento do mobiliario dos parques da Pezoca e As Galeras

Oleiros, 13 de maio de 2016-. Os traballos de reparación do mobiliario dos parques públicos Santiago Carrillo e As Galeras están a piques de finalizar. O Concello de Oleiros investiu 30.000 euros no primeiro e 45.000 no segundo dos citados espazos.

No Parque das Galeras, que conta con numeroso mobiliario público, os traballos efectuáronse principalmente nas zonas de merendeiro e nos diversos elementos deportivos. Nalgúns casos realizáronse reparacións e noutros tiveron que ser repostos debido ás roturas que presentaban como consecuencia dos actos vandálicos.

O Parque Santiago Carrillo é unha das tres zonas verdes que existe na Urbanización A Pezoca. Neste caso, foron restauradas as dúas grandes pérgolas de madeira cos que conta o parque e tamén foi rehabilitado todo o mobiliario existente nesta área.
 

back link