Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello instalará un punto Violeta nas festas de Nós

O Punto Violeta disposto polo Concello para as Festas do San Marcos estará operativo as noites do venres 24 e sábado 25 de abril, en horario de 23:00 a 03:00 horas
 

Os Puntos Violeta configúranse como espazos de referencia, atención e acompañamento ante posibles situacións de violencia machista —incluíndo violencias sexuais e LGTBIfóbicas—, atendidos por profesionais especializadas e en coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade a través dun protocolo específico de actuación. A súa presenza nas festas permite ofrecer unha resposta inmediata, próxima e especializada, ao tempo que contribúe a xerar contornas máis seguras.

Xunto á atención directa, estes dispositivos teñen tamén unha función clave en materia de sensibilización social. Nos Puntos Violeta facilítase información sobre recursos e servizos municipais, distribúense materiais divulgativos e desenvólvense accións participativas adaptadas a diferentes idades, orientadas a promover o respecto, o consentimento e o coidado colectivo como elementos centrais da convivencia.

A iniciativa enmárcase na estratexia municipal de igualdade e prevención das violencias machistas, coa que o Concello de Oleiros leva anos reforzando a súa presenza nos espazos festivos, apostando por integrar a perspectiva de xénero tamén nos contextos de ocio e celebración.
 

back link