Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello instalará un Punto Violeta na Romaría de San Cosme en Maianca

Este sábado 27 de setembro celébrase a XXII Romaría de San Cosme en Maianca. O Concello de Oleiros instalará o propio día, no Parque municipal, un Punto Violeta, en horario de 20:30 a 00:30.

O obxectivo é seguir traballando, como ato o de agora, na prevención e actuación fronte todas as formas de violencias machistas (sexuais, LGTBIfóbicas, de xénero etc.) que se puidesen dar.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico, conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse algún tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outra forma de agresión machista, en coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade. Ademais, tamén son espazos abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos  e servizos especializados na materia, ao tempo que se realizan accións divulgativas e participativas adaptadas ás diferentes idades.

back link