Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello instalará o Punto Violeta durante as festas de Santa Ana en Mera

Con motivo das festas de Santa Ana de Mera, que se celebran esta fin de semana, o Concello instalará Puntos Violeta nas noites do venres 25 e do sábado 26 de xullo, en horario de 23 a 3h, co propósito de seguir actuando activamente, como vén facendo ata o de agora, na prevención e atención ante posibles casos de violencia sexual, LGTBIfobia ou calquera outra manifestación de violencia machista.

Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Tamén funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.
 

back link