Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello instala desfibriladores nas principais instalacións deportivas

 Oleiros, 11 de novembro de 2020-. O Concello de Oleiros vén de rematar o proceso de instalación de desfibriladores cardíacos semiautomáticos, coñecidos como DESA, en todas as instalacións deportivas con gran afluencia de deportistas e público. Pasan a ser espazos cardioprotexidos os 4 complexos deportivos das piscinas municipais (Dorneda, Oleiros, Perillo e A Fábrica), os  pavillóns deportivos de Valle Inclán, Rabadeira, Bastiaguerio, Santa Cruz  e Canide; e  os  campos municipais de fútbol dos Regos, Icaria, Condús e Iñás. 

 
A importancia da instalacións dos DESA nos espazos deportivos é enorme. O tempo para salvar unha vida por parada cardiorrespiratoria é de entre 4 e 5 minutos. Xa que logo o  factor tempo convértese no maior inimigo nestes casos e a  importancia do desfibrilador é primordial para salvar vidas.
back link