Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello inicia o proceso para demoler un edificio inacabado en Iñás

Imagen O Concello inicia o proceso para demoler un edificio inacabado en Iñás

O Concello de Oleiros abriu un expediente para caducar a licenza dun edificio inacabado en Iñás, na rúa Mandín. Posteriormente procederase a ordenar á propiedade a demolición do edificio, que de non executar nos prazos establecidos efectuará directamente o Concello cargándolle todos os custos económicos. 

Esta actuación forma parte da política urbanística do Goberno municipal, baseada na protección da paisaxe, a integración das construcións na contorna e a defensa dun modelo urbano ordenado e de calidade. O Concello continúa actuando para evitar que edificacións inacabadas ou en situación de abandono deterioren o territorio e a imaxe das parroquias.