Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello inicia as obras de construción do parque infantil do Valiño e instala equipos biosau

Oleiros, 11 de novembro de 2011-. O Concello de Oleiros inicia os traballos de construción do novo parque infantil situado na urbanización O Valiño. Este novo equipamento completa a calidade de vida nunha zona onde se concentra un gran número de familias con fillos e fillas de curta idade. O parque estará situado sobre unha antiga pista recreativa, cuxo contorno tamén será mellorado.

Así mesmo, o Concello iniciou os traballos de instalación de equipos biosaudables na zona verde anexa á praza de Ana Kiro, na localidade de Mera. Esta zona permitirá realizar exercicio físico e está especialmente destinada ás persoas maiores que residen na localidade e en toda a zona norte do municipio.
 

back link