Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello inicia a demolición das vivendas da praia de Bastiagueiro Pequeno

Oleiros, 20 de xullo de 2020-. Co pagamento previo aos seus respectivos propietarios, foron adquiridas e posteriormente desaloxadas as 3 vivendas que se atopaban fóra de ordenación urbanística que están situadas sobre a praia de Bastiagueiro Pequeno, incluídas no parque público costeiro As Trece Rosas. O Concello iniciou esta mañá a demolición das casas, galpóns e peches existentes para a inclusión destes terreos no ámbito do parque.

 
Unha vez que finalicen as tarefas de demolición, axardinarase a zona e recuperarase medioambientalmente todo este espazo entre a praia e o parque.
 
back link