Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello impugnará o reparto de fondos para servizos sociais realizado pola Deputación ao con

 Oleiros, 16 de febreiro de 2015-. Unha vez máis a Deputación provincial marxina o Concello de Oleiros saltando os baremos establecidos e criterios obxectivos para outorgar subvencións. Nesta ocasión o municipio oleirense percibiu unha cantidade sensiblemente inferior á doutros concellos da área metropolitana ou da provincia en materia de servizos sociais. 

 
Na resolución exposta ao público o pasado venres día 13, o Concello de Oleiros percibiu por tres conceptos diferentes, envellecemento activo, servizos sociais e violencia de xénero, un total de 27.494 euros mentres que municipios como Cambre recibiron 65.700 euros, Culleredo 41.500 euros, Arteixo percibiu 61.500 euros ou Sada 39.000 euros. Ademais outros concellos da provincia tamén percibiron cantidades superiores, é o caso de Ames, ao que lle foron outorgados 64.600 euros,  Cee, que recibiu 53.100 euros, ou Fene que percibiu 49.000 euros.
 
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asegurou esta mañá que o Concello impugnará este reparto. O rexedor sinalou que unha vez máis queda en evidencia o reparto partidista, caciquil e ilegal realizado pola Deputación provincial,  que é a casa de todos os concellos.
 
back link