Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello homenaxea a Rosalía de Castro coas voces de Mini, Mero, María Manuela e Xiana Lastra

Oleiros, 20 de decembro de 2013.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza para esta tarde, dous concertos de A miña primeira Rosalía, na Fábrica, en Perillo. O primeiro será pola mañá para o alumnado de 3º da ESO dos institutos do Concello e o segundo será ás 21.00 h para o público en xeral. Unha sesión na que os veciños e as veciñas poderán escoitar os poemas de Rosalía nas voces de Mini, Mero, María Manuela e Xiana Lastra. Para asistir ao concerto poñeranse á venda as entradas a partir das 20.00 h e o prezo será de 2,5 euros.

Este espectáculo xurdiu no cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, logo de editarse o libro-CD A miña primeira Rosalía, dirixido e editado por Xiana e Xosé Lastra. Un libro-CD que conta coas voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. As pezas incluídas no CD recóllense tamén neste concerto en directo, realizado polas voces e instrumentistas que participaron na gravación, constituíndo un espectáculo de máis dunha hora de duración e no que as diferentes cantigas van introducidas por pequenos vídeos que recollen opinións sobre Rosalía de Castro por parte de persoas relacionadas directamente co estudo da súa obra.
 

back link