Oleiros, 21 de febreiro de 2011-. O Goberno local habilitará locais de ensaio para músicos e grupos na Fábrica. Co próximo traslado da Escola Municipal de Danza ao novo edificio que se está construíndo na avenida Valle Inclán en Perillo, procederase á adecuación de espazos para a súa utilización pola Escola Municipal de Música, que estaba moi necesitada de novos espazos para a docencia.
As obras previstas teñen un importe total de 62.073 euros e consisten na insonorización da sala grande de danza, coa instalación de panos e panelado acústico das paredes para usarse principalmente como local de ensaio da Big Band da escola municipal e, así mesmo, acondicionarase outra sala existente e instalaranse nunha terceira sala 3 cabinas insonorizadas para ensaios individuais e de grupos, de maneira que tanto o alumnado como grupos musicais poderán dispoñer destas para ensaios.