Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello forma a un grupo de bombeiros que realizan rescates de persoas refuxiadas no Mar Med

Oleiros, 21 de xullo de 2017-. O Concello de Oleiros, a través do Servizo Municipal de Emerxencias, está a formar a un grupo de 11 rescatadores da ONG Proem-Aid que se dedican ao auxilio de persoas refuxiadas en Lesbos. As prácticas, que dirixen os profesionais do Concello de Oleiros, están a desenvolverse na Baía de Mera.

Debido ás boas referencias que recibiron do Servizo Municipal de Emerxencias, os membros da ONG Proem-Aid decidiron solicitar a colaboración do Concello de Oleiros para formarse no rescate acuático de persoas e no manexo de embarcacións. Salvamento Marítimo tamén participou nunha destas xornadas co helicóptero Helimer.

Os rescatadores da ONG Proem-Aid que se atopan estes días en Oleiros son, na súa maioría, bombeiros que dedican as súas vacacións e os seus días libres a salvar a vida das persoas que foxen da guerra e da fame existente nos seus países. Mediante lanchas pneumáticas, auxilian e rescatan a persoas que se atopan en grave risco por viaxar amoreadas a bordo de ruinosas embarcacións sen alimentos, bebida, nin roupa de abrigo.
 

back link