Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello fai público o modelo de convenio que permitirá a construcción da futura instalación

 

O Concello de Oleiros procedeu a someter a trámite de información pública os modelos de convenio elaborados para a obtención anticipada do solo do sistema xeral do PXOM necesario para a construción da novo Campo Municipal de Deportes, que se situara entre as localidades de Serantes e Dexo. Unha das primeiras obras que se prevé realizar nesta futura instalación é o novo campo de fútbol, que, preferentemente, utilizará o Club Marino de Mera.

O Concello, a través destes convenios, garántelle aos propietarios un aproveitamento urbanístico na localidade de Mera que se corresponderá co número de metros que cedan para o desenvolvemento deste complexo.

Unha vez publicados estes convenios o Concello procederá a firma oficial dos mesmos para informando debidamente ao Pleno da Corporación, para, de forma posterior, proceder a execución dos traballos de construción do citado campo de fútbol.

back link