Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello expedienta a Telefónica por retrasar o avance da obra das beirarrúas do alto de Arillo

 Oleiros, 11 de outubro de 2022-. O Concello de Oleiros vai abrir un expediente sancionador a Telefónica por non ter retirados os postes que impiden avanzar a obra de creación de beirarrúas no alto de Arillo. A solicitude por parte do Concello foi realizada no mes de marzo sen que ata o momento a empresa procedese á eliminación dos postes, para o que foi colocada unha canalización para pasar os cables.

 
Este tipo de empresas monopolísticas privadas adoitan abusar tanto de pequenos consumidores como de administracións públicas. Baixo o amparo de leis aprobadas por deputados e ministros, que posteriormente ocupan cargos con elevadas remuneracións nestas compañías, empregan determinadas prácticas que ocasionan graves prexuízos á cidadanía, como está a acontecer neste caso en Dorneda.
back link