Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello estuda querelarse contra a inspección de educación se a directora do Luis Seoane non

 Oleiros, 5 de outubro de 2020-. O Concello de Oleiros está a estudar a posibilidade de querelarse contra a inspección de educación se a directora do Colexio Luis Seoane non é restituída no seu cargo. As ameazas, o abuso de poder, a vexación e as actitudes doutras épocas antidemocráticas empregadas pola inspección poderían facer acudir ao Goberno municipal aos tribunais.

 
O alcalde, despois de dirixirse por escrito ao conselleiro de Educación para denunciar este caso, agarda que se arranxe este grave atropelo cometido coa directora do CEIP Luis Seoane. “Teñen aberta unha investigación na Consellería, pero pola actitude e polo que me dixo o conselleiro creo que poderían resolver esta situación pronto para non acabar convertendo un grao de area nunha montaña”, dixo Ángel García Seoane.
back link