Oleiros, 4 de xuño de 2014-. O Concello de Oleiros comezou esta mañá a restauración da bancada de madeira do paseo marítimo de Mera, afectada polos temporais do pasado inverno. Esta actuación que se está a levar a cabo a través dos operarios da Concellería de Servizos Municipais, consiste na reposición de dous restreles de suxeición.
Así mesmo, estanse a renovar os listóns da bancada da maioría do primeiro tramo, entre a capela de Santa Ana ata as escaleiras de subida da praia, diante das terrazas do edificio da Perla. Tamén dentro destes traballos, recolocaranse os listóns da bancada do segundo tramo, así como o vernizado da dita madeira. O custo desta importante restauración é de 4.000 euros. O Goberno local estima que os traballos rematen ao longo da próxima semana.