Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello esixe á Xunta a substitución das ventás do Colexio Luis Seoane

O Concello está a redactar un informe para remitir á Consellería de Educación ante algunhas necesidades existentes no CEIP Luis Seoane que a Xunta ata o momento non atendeu. Neste momento, a actuación máis urxente no colexio de Canide é o cambio de todas as ventás, que non foron renovadas desde a inauguración do colexio no ano 1.982 e que nestes momentos resultan totalmente inservibles. 

O progresivo deterioro das carpinterías exteriores está a provocar graves problemas no día a día do centro. Segundo o informe dos servizos técnicos municipais e as queixas reiteradas das familias e o equipo directivo, o mal estado das ventás provoca a entrada de auga os días de choiva e impide un illamento térmico mínimo. 

O ensino é unha competencia autonómica e, tal e como fixa a lei, obras de carácter estrutural como estas correspóndenlle á Xunta de Galicia. O Concello está obrigado asumir os mantementos menores. Aínda así, para garantir o benestar dos nenos e nenas, execútanse continuamente distintas obras menores e de conservación a petición das direccións ou das ANPA. 

back link