Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello entregará entre os escolares 2000 libros que recollen os relatos do Premio Descubrin

Oleiros, 24 de abril de 2017-. O Concello de Oleiros entregará, durante os vindeiros días, ao alumnado dos centros de educación primaria e secundaria do municipio un libro que recompila os textos presentados ao Premio Literario Descubrindo Oleiros desde o 2014 ata o 2016. Trátase dun conxunto de relatos realizados polo alumnado dos centros de ensino público do municipio cuxa temática xira arredor da contorna de Oleiros.

Con esta iniciativa preténdese recoñecer o extraordinario traballo realizado polos estudantes que participaron nas tres primeiras edicións deste certame. Tamén se procura incentivar o número de participantes na seguinte convocatoria de Descubrindo Oleiros no vindeiro ano.
 

back link