Oleiros, 26 de decembro de 2011-. O concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo do Concello de Oleiros, Ignacio Crespo, fixo entrega dos premios ás gañadoras da promoción Presume de praceiro e praceira que organiza a Xunta de Galicia. O acto tivo lugar o pasado venres 23 de decembro no Mercado Municipal de Perillo e neste entregáronse os cheques de 75, 50 e 25 euros para gastar nos meses de decembro e xaneiro nos postos do propio mercado. A gañadora do primeiro premio foi a Cristina Conde, o segundo regalo foi para Irene Tenreiro e o terceiro para María Carmen Ares.
Ademais o Concello tamén entregou, despois do preceptivo sorteo, a cesta de produtos de Nadal que o Goberno local pon a disposición dos praceiros e praceiras do Mercado de Perillo para sortear entre a súa clientela.