Oleiros, 17 de novembro de 2016-. A Xunta de Galicia autorizou ao Concello de Oleiros a realizar queimas controladas nalgunhas parcelas de grande extensión que se atopan invadidas de plumachos. Este novo método de eliminación comezará a empregarse en determinadas zonas do polígono de Iñás e da urbanización de Canide tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan.
A herba da pampa é unha planta invasora que está a arrasar coa vexetación autóctona galega. O Concello de Oleiros leva anos denunciando e loitando contra este grave problema medioambiental que debido ao abandono das demais administracións públicas está a provocar unha situación de alto risco natural.