Oleiros, 2 de decembro de 2020-. Este ano cúmprense 100 anos do nacemento de José Mª Kaydeda, recoñecido artista multidisciplinar, escritor e coleccionista que xunto co Goberno municipal propiciou a creación do Museo Os Oleiros. Para divulgar a historia que hai detrás deste museo dunha maneira sinxela e amena, editouse por parte do Concello de Oleiros unha publicación composta por 16 ilustracións elaboradas polo artista Rubén Rial.
O Museo Os Oleiros é un centro de titularidade municipal dedicado ao estudo e difusión da olería popular estatal e internacional. A colección inicial, formada por unhas 4.500 pezas, foi doada ao Concello polo artista José Mª Kaydeda.