Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello e tres establecementos do municipio reciben un premio por reciclar un 11% máis de vi

Oleiros, 03 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros e tres establecementos hostaleiros do municipio recibiron esta mañá un premio polo incremento da reciclaxe de vidro no municipio. O premio vén a recoñecer o compromiso do Goberno municipal, dos veciños e dos hostaleiros no tratamento dos residuos.

Entre os concellos de Oleiros e Sada, que tamén recibiu un premio, recicláronse 186.880 kg de vidro nos meses de xullo e agosto, o que supón un incremento do 11%. Karaoke Sitio Distinto, Pub Cube e Tribisqueira de Oleiros e o Café Carnoedo de Sada tamén foron distinguidos por participar na campaña de sensibilización “Toma nota, recicla vidro”.
 

back link