Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello dotará de iluminación pública a zona do Río do Seixo, na rúa Viñas de Babilonia

Oleiros, 10 de febreiro de 2012.- O Goberno local dotará de iluminación pública a zona do Río do Seixo, na rúa Viñas de Babilonia. Esta zona quedara sen iluminación desde que a Xunta fixera unhas obras de mellora da estrada que vai a Mera. O Goberno local reutilizará farois retirados da obra da ampliación da N-VI que realiza o Ministerio de Fomento para mellorar de inmediato a iluminación nesta zona tan transitada entre Dorneda e Santa Cruz.

back link