Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello difundirá nos centros escolares a súa oferta de actividades de verán

Oleiros, 15 de abril de 2011-. O Concello de Oleiros difundirá a partir da  próxima semana nos centros escolares do municipio a súa oferta de actividades de verán. A través deste programa do Organismo Autónomo Municipal de Cultura, o Goberno local ofrece a posibilidade de ocupar o tempo libre estival con actividades de ocio formativas que abarcan o ámbito cultural, deportivo e educativo, tanto para o público infantil como para o xuvenil. Dentro desta ampla oferta, que ano tras ano se foi completando e mellorando por parte do equipo técnico do Concello, inclúense actividades como campamentos, excursións, obradoiros de teatro e olería ou cursos de iniciación a varias disciplinas deportivas relacionadas coa náutica e co medio mariño.

O principal obxectivo desta ambiciosa proposta é poñer ao alcance dos rapaces e das rapazas oleirenses unha proposta de ocio atractiva que lles permita seguir desenvolvéndose física e intelectualmente. O prazo de preinscrición para as actividades de verán do Concello de Oleiros permanecerá aberto desde o próximo 2 de maio ata o día 13 do mesmo mes. A preinscrición pode realizarse a través da web municipal ou na conserxería da Fábrica, en Perillo. As persoas empadroadas no municipio terán prioridade na adxudicación de prazas. No caso de haber máis persoas solicitantes empadroadas que prazas, a adxudicación destas realizarase a través dun sorteo público que terá lugar o venres 25 de maio ás 13.00 horas na Fábrica. Os modelos de preinscrición, así como o folleto informativo con todas as actividades estará dispoñible na web municipal.

 Descargar folleto

back link