Oleiros, 20 de setembro de 2018-. O alcalde, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá unha reunión con responsables da Xunta de Galicia en materia de telecomunicacións para informarse sobre a situación na que se atopan os distintos proxectos de despregamento da rede de banda ancha previstos no municipio. As empresas de telecomunicacións R e Telefónica foron subvencionadas por parte do Ministerio de Industria para estender o acceso ultrarrápido a internet a diversas zonas de Oleiros e para cumprir os prazos estipulados deben iniciar as actuacións de maneira case inmediata.
Hemeroteca
Asset Publisher
A compañía R ten de prazo ata final do ano 2019 para dotar de banda ancha ás seguintes zonas: Lorbé, Aguieira, Augarrío, Breixo, O Couto, Lourido Pequeno, Sisaldo, Abeleiras de Abaixo, Campo da Vila, Fontes, A Xesta, Maianca, Agra da Pedra, A Gándara, Punxeiro e Xoez. Telefónica debe realizar as instalacións en Aba, Dexo, Babilonia, A Lagoa, O Valiño e A Veiga antes de que remate o 2020.
Ademais da reunión de hoxe en Santiago, ante a demora e o risco de que a compañía R non acometa a actuación antes de que finalice o prazo fixado, o Concello manterá encontros en próximas datas coas compañías e cos responsables do Ministerio de Industria para que non se retrase máis a instalación deste servizo nas zonas comprometidas.