Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello demanda á Deputación un paso de peóns na rúa Fonte do Ouro, en Iñás

 Oleiros, 23 de xullo de 2019-. Os veciños e veciñas da localidade de Iñás, especialmente os de Arenaza, levan demandando á Deputación da Coruña un paso de peóns na estrada provincial que conecta Oleiros e Iñás, para poder acceder con seguridade á zona comercial do polígono. O Concello xa trasladou esta demanda ao organismo provincial para que se pinte un paso de peóns á altura do Motel, entre a rotonda e o viaduto da N-VI.

 
Dado que se trata dun tramo de recta, moitos dos vehículos circulan a gran velocidade por esta zona. Para evitar posibles riscos e mellorar a seguridade viaria, faise preciso a colocación dun paso de peóns neste lugar.
back link