Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello demándalle á Consellería de Educación que asuma os compromisos adquiridos no Colexio

Oleiros, 24 de febreiro de 2016-. Seis meses despois da inauguración do Colexio de Nós, e a pesar do compromiso que adquiriu a Consellería de Educación na carta de recepción do centro respecto á contratación eléctrica do edificio escolar e á dotación das liñas telefónicas, entre outras cousas, o recinto educativo segue sen ter os servizos mencionados.

A falta de liña telefónica impide que o edificio poida ter instalada a súa correspondente alarma, o que provocou que nos dous últimos meses se producisen tres roubos no interior do colexio. O Concello demandará a urxente resolución do compromiso tomado por parte da Consellería de Educación ante a deterioración que están a sufrir as instalacións.
 

back link