Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros solicita colaboración veciñal para o cumprimento das normas do lixo

 Oleiros, 6 de maio de 2022-. Para a conservación duns espazos públicos agradables e saneados, resulta imprescindible a colaboración veciñal respecto ao cumprimento das normas do depósito de lixo. É importante separar os residuos para botalos no contedores correspondentes, así como respectar os horarios estipulados. 

 
A empresa encargada da recollida do lixo que ten contratada o Consorcio das Mariñas cobra anualmente unha importante cantidade por realizar campañas de concienciación entre a cidadanía. Ante a inexistencia destas actividades, o Concello reclamará ao Consorcio o cumprimento do contrato e a posta en marcha destas campañas. 
 
back link