Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros solicita a Sanidade máis información sobre as medidas que a consellería e

 Oleiros, 14 de agosto de 2020-. O Alcalde de Oleiros, na 5ª reunión mantida coa Xerencia de Sanidade, amosou a súa preocupación pola posible repetición de situacións tan graves como as do pasado mes de marzo en que se colapsaron hospitais e centros de saúde a causa do COVID-19. 

 
 
O Alcalde de Oleiros solicitou información sobre a contratación de máis persoal sanitario para facer fronte a situación epidemiolóxica que estamos a  atravesar. Ademais Ángel García Seoane expuxo ante os alcaldes da área e a xerencia do Sergas a importancia de que o sistema sanitario estea perfectamente preparado para actuar coa debida seguridade (material EPI´S), tanto para sanitarios como para os doentes, ademais de contar coa debida infraestrutura hospitalaria dedicada ao efecto. Desde a Xerencia do Sergas amósanlle ao Alcalde a súa tranquilidade nestes aspectos xa que contan cun plan de continxencia, un plan de compras e un plan de recursos humanos que unidos garantirán unha adecuada xestión.
 
Asimesmo, Seoane interesouse por coñecer de maneira máis concreta as zonas de Oleiros nas que existen novos casos positivos por Sars-Cov2 e a que franxa de idade afectan para que a colaboración dos municipios sexa o máis efectiva posible.
 
Os alcaldes da área quedaron emprazados para unha nova reunión o luns 17 de agosto para seguir a evolución epidemiolóxica. 
 
 
back link