Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros retira, coa colaboración dos bombeiros da Coruña, 6 niños de avespa velut

Oleiros, 4 de xaneiro de 2018-. O Concello de Oleiros segue a traballar intensamente para combater a invasión da avespa asiática. O Servizo Municipal de Emerxencias, coa colaboración dos bombeiros do Concello da Coruña, retirou no día de onte 6 niños que se atopaban a máis de 20 metros de altura en diferentes zonas do municipio.

O parque de bombeiros da Coruña enviou un camión cunha auto-escala de máis de 20 metros para poder realizar o traballo. Tanto a Xunta de Galicia como o Consorcio Provincial pretendían cobrar pola realización deste servizo.

En todos os niños retirados no día de onte comprobouse que non había actividade debido ás baixas temperaturas e aos temporais dos últimos días. No que vai de ano o Concello de Oleiros eliminou preto de 600 niños de avespa velutina.

back link