Oleiros, 30 de agosto de 2013-. O Concello de Oleiros procederá á renovación do alumeado público do polígono empresarial situado en ICARIA cunha inversión de 85.299 €, financiados entre a Consellería de Industria e o Concello.
Con esta inversión preténdese acadar un 60% de aforro enerxético nese ámbito, o que suporá un aforro de 20.000 € ao ano para o Concello.
Para conseguir estes obxectivos:
- Instalaranse sistemas telexestionados para regulación do consumo nos centros de mando de alumeado.
- Substituiranse as luminarias obsoletas actuais por luminarias de alta eficiencia tipo led.
- Reordenarase a disposición de centros de mando actuais, renovando e unificando os existentes.