Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros renovará a sinalización das fontes naturais

Oleiros, 19 de xaneiro de 2018-. Os carteis informativos das preto de 20 fontes que existen no Concello de Oleiros con auga procedente de mananciais naturais serán renovados na próxima semana co fin de que a poboación poida distinguilas das que teñen auga da traída. Unha nova sinal indicará que se trata de “auga sen garantía sanitaria”.

Moitas das fontes naturais son utilizadas habitualmente por centos de persoas para encher garrafas e levar auga para as súas casas, polo que cómpre informar da súa orixe, cunha sinalización uniforme. A maioría xa estaban sinalizadas no pasado con distintos carteis nos que se indicaba a súa procedencia, pero co paso dos anos moitos fóronse deteriorando e outros foron arrancados, polo que é necesario sinalizar de novo todas estas fontes que teñen a súa orixe en mananciais.

As fontes con auga que procede da traída pasan por uns procesos e uns controis sanitarios que garanten o seu estado óptimo para o consumo humano. As augas procedentes das fontes naturais, aínda que teñen unha boa calidade para o seu consumo, non pasan por eses procesos sanitarios que garanten en todo momento o seu estado.
 

back link