Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros renova un dos contratos de limpeza viaria do municipio por 1,9 millóns

Oleiros, 30 de decembro de 2016-. O Concello contratou unha parte do servizo de limpeza viaria do municipio que afecta a diversas localidades. Son distintas as empresas que están a realizar este servizo, en diferentes zonas. Esta fase en concreto ten un custo total de 1.916.000 euros e o acordo estará vixente 4 anos, coa posibilidade de amplialo outros dous máis.

O Goberno estipulou para este novo contrato unha ampliación das zonas de limpeza en todas as localidades e un incremento da frecuencia dos traballos.
 

back link