Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros reivindica a figura de don Ricardo Carvalho Calero

Oleiros, 16 de maio de 2020-. Mañá celebrase o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano ao  profesor don Ricardo Carvalho Calero, un loitador incansable, un traballador pola nosa lingua e a nosa literatura e unha das persoas que máis ten reflexionado sobre a situación lingüística. Carvalho Calero foi unha das persoas que máis se ten preocupado polo futuro da lingua, pola súa normalización e a súa normativización.

 
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Concello de Oleiros tiña prevista unha extensa programación de actividades para todas as idades, que tivo que ser cancelada pola pandemia. Para paliar esa situación, o Concello está a divulgar a figura desta relevante personalidade da lingua e da cultura galega a través das redes sociais e da web municipal.

back link