Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros realizou a primeira Xunta de Goberno local con carácter público

Oleiros, 25 de outubro de 2013-. O Concello de Oleiros realizou esta mañá a primeira Xunta de Goberno local con carácter público. Deste modo o municipio convértese no primeiro da comarca e un dos primeiros de España en aplicar o fallo do Constitucional do pasado 26 de setembro que converte estas sesións en actos públicos.

Os temas tratados nesta histórica Xunta de Goberno foron o acordo de prorrogar o contrato coa empresa que fai o mantemento das depuradoras e bombeos de augas residuais ata o 1 de xaneiro de 2014. A dita prórroga, a segunda que se leva a cabo, está motivada polo retraso na integración  do Concello de Cambre na Edar de Bens. Tras este punto tratouse a adxudicación do proxecto de urbanización e do de reparcelación do polígono 16 de Corredoira das Viñas en Perillo. A contratación do dito proxecto levouse a cabo por un importe de 52.200 euros.


O último tema tratado foi o acordo de imposición de prezos públicos a actividades municipais. Neste asunto, entre outras cousas, fixouse un prezo mensual das clases de reforzo escolar para evitar o abandono dos estudos. O importe é de 5 euros, o seu carácter é simplemente simbólico. Esta nova iniciativa de apoio escolar é de carácter municipal. De novo o Goberno local de Oleiros asume unha competencia que corresponde a outras administracións pola falta de capacidade destas para poñer en práctica iniciativas como a formulada en referencia ao apoio escolar.

 

back link